Política de compra

A adquisición destas entradas representa a aceptación das seguintes condicións:

  • Unha vez adquirida a entrada, esta non será cambiada nin devolto o seu importe.
  • A imposibilidade de asistir á visita contratada ou a comisión dun erro ao realizar a adquisición da entrada non son motivos que permitan a súa devolución.
  • A catedral reserva para si o dereito de cancelar as visitas sen aviso previo por causas imprevistas de forza maior ou condicións climatolóxicas que poidan pór en perigo aos visitantes. Nestes casos, a Catedral ofreceralle ao visitante a posibilidade de levar a cabo a visita noutro día, o máis próximo posible no tempo, renunciando o visitante a outro tipo de reclamación.
  • As entradas dispoñen de diferentes medidas de seguridade. Non adquira a súa entrada nun punto de venda non oficial: a entrada podería ser falsa e, por tanto, non se lle permitirá a entrada ao recinto. En tal caso, A Fundación Catedral de Santiago declinaría toda responsabilidade.
  • A admisión queda supeditada a que a entrada estea completa e en boas condicións.
  • Para a aplicación das tarifas reducida e gratuíta, deberase presentar no despacho de billetes a documentación exixida na Normativa, en caso de non ter dereito a elas aboarase a diferenza de prezo.
  • Non se permitirá a entrada a aquelas persoas que poidan producir molestias ao público en xeral ou poidan alterar o normal desenvolvemento da visita. Ao entrar, o público pode estar suxeito a un rexistro segundo a lei. Non estará permitida a entrada de bebidas ou comida, así como a aqueles obxectos que poidan ser considerados perigosos, ou daqueles que poidan entorpecer o desenvolvemento da visita.
  • Non se admitirá o acceso á visita unha vez comezada.
  • A contemplación na visita ao Pórtico debe realizarse en silencio
  • É obrigatorio utilizar as consignas para gardar mochilas e vultos de gran tamaño que poidan dificultar o acceso ós diferentes espazos polos que transcorre a visita, podendo denegarse o acceso á visita, sen dereito a ningún tipo de devolución ou cambio.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.