Non se permiten devolucións ou cambios.

Consulta a nosa política de compras.

Museo Catedral – Pórtico da Gloria

ACCESO AO PÓRTICO DA GLORIA

Área de recepción do Museo no Pazo de Xelmírez (Obradoiro). Deberá presentarse alí 15 minutos antes da hora marcada na súa entrada.

Percorrido:

N

Visita contemplativa ao Pórtico da Gloria, sen guía e en silencio, 25 minutos.

Pórtico da Gloria visita contemplativa, sen guía e en silencio, de 25 minutos. Inclúe unha audioguía gratuíta descargable nos seus teléfonos móbiles e no despacho de billetes poderán proporcionarlle auriculares. É obrigatorio o uso de auriculares cos dispositivos móbiles (unidades desbotables gratuítas dispoñibles nas áreas de recepción do Museo, compatibles con dispositivos Android). AUDIOGUÍA DISPOÑIBLE EN ESPAÑOL, GALEGO E INGLÉS: http://catedraldesantiago.es/visitaportico/

A visita inclúe: Pórtico da Gloria + Museo Colección permanente + MuSar. (Museo – Colección permanente: 60 minutos aproximadamente).

HORARIOS

    • De luns a domingo: 10:00 – 20:00
    • Peche do despacho de billetes e acceso ao museo 30 minutos antes.

Días de peche

    • 1 de xaneiro
    • 6 de xaneiro
    • 25 de xullo
    • 24 de decembro dende as 14:00
    • 25 de decembro
    • 31 de decembro dende as 14:00

Ademais, pode haber peches adicionais debido a celebración doutros actos e festividades.

Información adicional:

    • Ante calquera dúbida sobre a accesibilidade e recomendacións adicionais, debe consultar (deac@catedraldesantiago.es) antes de realizar a compra de entradas. Non é posible o acceso en cadeira de rodas ao Pórtico dende a Catedral durante a celebración da liturxia. Ver horarios
    • Non está permitido o acceso con animais, a excepción dos cans guía.
    • Non se pode acceder con bolsas, mochilas, maletas, paraugas e varas de peregrino ao interior do Pórtico da Gloria, Palacio de Xelmírez e Colección Permanente.
    • Deberá presentarse en taquillas 15 minutos antes da hora da visita marcada no billete de entrada.
    • Con calquera tipo de entrada ao Museo Catedral, está incluída de forma gratuíta a visita ao Museo de Arte Sacro e á Colexiata de Santa María a Real de Sar.

Poderá visitar o Museo-Colección permanente e o Pazo de Xelmírez en calquera momento, dentro do horario de apertura do mesmo día da visita ou do día seguinte, independentemente da hora que reservou para a visita ao Pórtico da Gloria. A hora de acceso ao Pórtico da Gloria marcada no billete de entrada é aproximada e podería sufrir certas variacións en función das limitacións de aforo neste espazo.

PREZOS

Tarifa individual (Pórtico da Gloria)

    Por favor, teña en conta os horarios de apertura e peche do Museo. A hora de visita seleccionada corresponde ao acceso ao Pórtico da Gloria (aforo limitado a 30 persoas). O Museo-Colección permanente poderá visitarse antes ou despois do Pórtico ao longo de todo o horario de apertura diario (duración media: 60 minutos). Se visita o Pórtico nos últimos horarios do día, a Colección Permanente deberá visitarse antes do Pórtico ou ao día seguinte.

    Tarifa Xeral: 12 €

      • Visitantes que non se poidan beneficiar da tarifa reducida ou gratuíta.

    Tarifa Reducida: 10 €

      • Membros de familias numerosas con acreditación do Libro de Familia
      • Desempregados
      • Estudiantes
      • Peregrinos acreditados
      • Maiores de 65 anos
      • Menores de 12 anos (Acompañados polos seus pais ou adultos ao cargo)

    Acceso gratuito: 0 €

      • Sacerdotes, relixiosos e relixiosas
      • Socios ICOM
      • Amigos da Catedral

    Tarifa conxunta Pórtico+Torre+Cubertas+Museo : 20 €

      • Para cada visitante, debe engadir ao carrito da compra, 2 entradas da tarifa Cubertas-Torre-Pórtico-Museo (10€ cada unha), 1 para o recinto Pórtico da Gloria e outra para o recinto das Cubertas – Torre, escollendo uns horarios onde transcorre polo menos unha hora e media entre unha visita e outra e que sexan no mesmo día.

    Tarifa conxunta Pórtico+Torre+Cubertas+Museo Reducida: 16 €

      • Para cada visitante, debe engadir ao carrito da compra, 2 entradas da tarifa Cubertas-Torre-Pórtico-Reducida (8€ cada unha), 1 para o recinto Pórtico da Gloria e outra para o recinto da Torre da Carraca, escollendo uns horarios onde transcorre polo menos unha hora e media entre unha visita e outra e que sexan no mesmo día.

    Complementos de visita

      Libro guía de visita Pórtico: 5 €

      PARA INFORMACIÓN E RESERVAS DE GRUPOS EDUCATIVOS, CULTURAIS E ASOCIACIÓNS: 
      deac@catedraldesantiago.es

      Cómo chegar

      Enderezo: Praza do Obradoiro, s/n, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña.

      Os teléfonos mostrados en Google Maps poden non corresponder cos teléfonos oficiais da Catedral de Santiago para a venda de entradas neste recinto.

      Ver mapa en Google Maps (LINK A: Catedral de Santiago de Compostela – Google Maps)

      Privacy Overview

      This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.